Estimado visitante, esta ferramenta chamada OsmHydrant fai máis doado o proceso de engadir e editar hidrantes ó OpenStreetMap.
Todo o que precisas é unha conta no OpenStreetMap.org, que é de balde. Xaora, podes utilizar o OsmHydrant para ollar os hidrantes e a súa cobertura sen a necesidade de se rexistrar.
Ca axuda do OsmHydrant podes facer o seguinte:
Usa os botóns da lapela das ferramentas da esquerda que están debuxados co símbolo do máis () para engadir novos hidrantes, puntos de succión e tanques de auga.
(é dicir, adaptar unha posición dos símbolos) Preme en calquera símbolo no mapa e preme no botón de mover na xanela emerxente.
Escolle instalacións de loita contra lumes da listaxe na lapela lateral dereita ou preme directamente nun símbolo no mapa. Na xanela emerxente, preme no botón .
Preme no botón de eliminación na xanela emerxente de calquera instalación de loita contra lumes.
Os seguintes tipos de instalacións de loita contra lumes amósanse no OsmHydrant:
emergency=fire_hydrant
Isto inclúe tipos que van dende piares, subterráneos, na parede e conectores fixos nas lagoas.
emergency=suction_point
Este é un punto axeitado ou especialmente disposto para bombear auga dun río ou lagoa/lago. Se contivese un conector fixo (tubaxe de succión), tería que usarse o tipo de hidrante.
emergency=water_tank
Unha grande bacía de auga para un parque de bombeiros para coller auga.
emergency=fire_water_pond
Namentres se amosen no OsmHydrant co símbolo , non se poden editar. Se desexas cartografar lagoas de auga para os lumes, podes facelo a través da páxina do OpenStreetMap.
As seguintes funcións axúdanche cando estás a empregar o OsmHydrant:
Recomendámosche un navegador actualizado para obter a mellor experiencia co OsmHydrant.
Se desexas empregar o OsmHydrant para engadir e editar instalacións de loita contra lumes, precisas unha conta do OpenStreetMap. O rexistro no OpenStreetMap é de balde.
Antes de cada sesión, onde engadirás instalacións de loita contra lumes ou editarás as existentes, terás que iniciar a sesión na túa conta do OpenStreetMap e permitir que o OsmHydrant edite o mapa no teu nome. Para comezar a túa sesión, preme en OAuth/Iniciar sesión.
Despois dun inicio de sesión de xeito correcto, podes comezar a editar as instalacións de loita contra lumes seleccionándoas no mapa ou na listaxe.
Tódolos campos no formulario de edición son opcionais e só ten que completalos se está na certeza de que os valores estabelecidos son correctos. Unha descrición de varios campos amósase na Wiki do OpenStreetMap.
Despois dun inicio de sesión de xeito correcto, podes engadir, por exemplo, hidrantes premendo no símbolo do hidrante na lapela das ferramentas esquerda.
Un novo hidrante poñese no centro do mapa. Agora podes estabelecer a posición a través da túa frecha do rato ou o dedo nos dispositivos móbiles.
Para facer máis doado o posicionamento podes empregar outra capa de base. Podes trocar á vista de satélite a través do símbolo de capas no mapa.
Podes mover a cruz corada que se amosa no mapa ou mover o mapa mentres a cruz mantense na súa posición.
Os campos de Tipo de acoplamento e Acoplamentos teñen a intención de especificar os pins de acceso dun hidrante.
Cando se emprega o tipo Storz
, o valor 1A/1B/2C
significa que o hidrante ten catro conectores:
Namentres os acoplamentos Storz
son empregados por moitos países do mundo, os caracteres (A, B, C e D) son comúns nas áreas de fala alemá.
De xeito alternativo suxerimos empregar, por exemplo, 1x110/1x75/2x52
para os acoplamentos de campo.
Outros tipos de acoplamentos son:
Guillemin
(Francia e Bélxica),
Gost
(Rusia),
Instantaneous
(Gran Bretaña),
Barcelona
(España),
UNI
(Italia),
...
Os seguintes problemas non se poden resolver co OsmHydrant e poden limitar o seu uso:
As instalacións de loita contra lumes existentes consúltanse dende o Overpass. Os seus datos non están ao vivo. Coma resultado pode levar un tempo, até que se engadan os hidrantes recén engadidos a este mapa (xeralmente após vinte minutos, sempre dentro dunha hora).
Os mapas son feitos de xeito dinámico. Os obxectos no mapa son consultados dende servidores extranxeiros. Coma resultado, pódense dar tempos de carga máis longos. Se desexas un mapa de só visualización, suxerimos o OpenFireMap.
As funcións novas engádense unha trala outra. No caso de que perdas algunha función chave, podes contactar connosco.
Non hai garante de que realmente existan tódolos hidrantes no OpenStreetMap. Sinxelamente un usuario podería engadir datos erróneos. Coma resultado, emprega estes datos con coidado. Non suxerimos confiar nas localizacións das instalacións de loita contra lumes. No seu lugar, emprega esta ferramenta para cartografar tódalas instalacións de loita contra lumes e despois imprimilas. Empregar papeis no caso de emerxencia é sempre máis confiábel que, por exemplo, os teléfonos móbiles intelixentes.
Outra razón para os datos erróneos poden ser os hidrantes eliminados. En ambos casos (abuso e alteración estrutural), a comunidade do OpenStreetMap de xeito eventual arranxará os datos incorrectos. Un usuario que engade datos incorrectos identifícase, bloquéase e tódalas súas mudanzas revértense ou algún outro membro corrixe os datos.
Detalles das instalacións de loita contra lumes
Antes de engadir hidrantes, movelos ou editar as súas propiedades, tes que iniciar a sesión.
Todo o que precisas é una conta de balde no OpenStreetMap. Após rexistrarse, tes que autorizar que o OsmHydrant mude os hidrantes na base de datos do OpenStreetMap no teu nome.
You are looking at places in or near Vienna. Do you want to view the hydrant-positions from the Open Government Data of the city Vienna?
These hydrant-positions will be shown with a cross-hair symbol. You can use those positions to create hydrants for the OpenStreetMap.
Be aware There is no guarantee that each OGD-hydrant-position equals a hydrant in reality. For this reason please create new hydrants only when you're sure that it exists.
If there is a red hydrant nearby you can also adapt its position to the OGD-hydrant-position.
For both features please click the cross-hair symbol. The action buttons appear in the tooltip.
You can opt-in or opt-out everytime using the settings dropdown in the menu.