Acerca do OsmHydrant

O OsmHydrant apóiate no rexistro de hidrantes. O mapa na páxina do inicio amosa tódolos hidrantes rexistrados cas súas propiedades. O nome de OSM nesta ferramenta, significa OpenStreetMap. Este é un mapa de balde, que che permite gravar datos baseados na ubicación.

Se tes unha conta do OpenStreetMap: Podes editar as propiedades dos hidrantes existentes, así como engadir novos hidrantes. O rexistro no OpenStreetMap é de balde. O OsmHydrant é un editor que se focaliza en facer que o proceso de engadir hidrantes ó mapa sexa o máis doado posíbel. Ademais, o OsmHydrant tamén se pode empregar no modo de só visualización (non precisa de rexistro).

Obxectivos do OsmHydrant

  • Visualización de hidrantes

    Os hidrantes, os tanques de auga e os puntos de succión están sinalados (ollar tamén OpenFireMap).

  • Garantir unha protección integral contra lumes

    Os hidrantes amósanse cun raio de 200m no mapa. As áreas brancas poden revelar a necesidade de acción.

  • Facendo máis sinxelo o proceso de engadido e edición de hidrantes

    Só precisas unha conta no OpenStreetMap para comezar a editar os hidrantes. Mesmo podes engadir/editar cousas en calquera lugar cun teléfono móbil intelixente ou tableta.

Beneficios

As autoridades locais e os parques de bombeiros poden obter as seguintes vantaxes no OsmHydrant:

  • Seguranza contra lumes

    Asegurar a protección contra lumes a través dunha boa cobertura con hidrantes en cidades e áreas de operación. Os puntos brancos poden revelar posíbeis áreas que precisan dunha acción.

  • Inscrición doada

    Os oficiais de seguranza contra lumes e os bombeiros poden obter unha visión xeral de xeito axiña.

  • Atopa instalacións contra lumes en segundos

    Ó fornecer os datos dos hidrantes, os parques de bombeiros extranxeiros poden identificar de xeito axiña o seguinte hidrante no caso de lumes sen ningún coñecemento local.

Autor

Chámome Robert Koch e son membro dunha brigada de bombeiros. O interese nos temas de bombeiros e no desenvolvemento de aplicacións web con datos xeográficos motivoume a traballar neste proxecto.

Cretos

Non son a única persoa que traballa neste proxecto. Tamén agradecemos o esforzo ós tradutores por traducir o OsmHydrant:

Icons

Máis información