Axuda

O primeiro é o primeiro: Non precisas dunha conta do OpenStreetMap para ollar o mapa.

Funcións

Ca axuda do OsmHydrant podes facer o seguinte:

  • Engadir novas instalacións de loita contra lumes

    Usa os botóns da lapela das ferramentas da esquerda que están debuxados co símbolo do máis () para engadir novos hidrantes, puntos de succión e tanques de auga.

  • Mover as instalacións existentes de loita contra lumes

    (é dicir, adaptar unha posición dos símbolos) Preme en calquera símbolo no mapa e preme no botón de mover na xanela emerxente.

  • Editar as propiedades das instalacións de loita contra lumes

    Escolle instalacións de loita contra lumes da listaxe na lapela lateral dereita ou preme directamente nun símbolo no mapa. Na xanela emerxente, preme no botón .

  • Eliminar instalacións de loita contra lumes

    Preme no botón de eliminación na xanela emerxente de calquera instalación de loita contra lumes.

Tipos de instalacións de loita contra lumes

Os seguintes tipos de instalacións de loita contra lumes amósanse no OsmHydrant:

  • Hidrante emergency=fire_hydrant

    Isto inclúe tipos que van dende piares, subterráneos, na parede e conectores fixos nas lagoas.

  • Punto de succión emergency=suction_point

    Este é un punto axeitado ou especialmente disposto para bombear auga dun río ou lagoa/lago. Se contivese un conector fixo (tubaxe de succión), tería que usarse o tipo de hidrante.

  • Tanque de auga emergency=water_tank

    Unha grande bacía de auga para un parque de bombeiros para coller auga.

  • Lagoa de auga para os lumes emergency=fire_water_pond

    Namentres se amosen no OsmHydrant co símbolo , non se poden editar. Se desexas cartografar lagoas de auga para os lumes, podes facelo a través da páxina do OpenStreetMap.

Axudantes

As seguintes funcións axúdanche cando estás a empregar o OsmHydrant:

  • Na beira esquerda do mapa, os seguintes botóns poden ser do teu interese:
    • Permíteche coller medidas en metros.
    • tenta detectar a túa ubicación actual e a amosa no mapa.
    • alterna a lapela lateral esquerda, que contén a axuda axiña ou un formulario.
  • No centro da parte superior podes usar a cela de procura para atopar localizacións. Soamente insire os nomes das vilas ou rúas. Na beira dereita hai máis botóns:
    • permíteche personalizar a vista do mapa.
    • O número ó carón do símbolo do hidrante amosa o número de instalacións de loita contra lumes cargadas até o momento. Isto inclúe hidrantes, puntos de succión, tanques de auga e lagoas para os lumes. O número ó carón do símbolo da brigada de bombeiros amosa a morea de brigadas de bombeiros cargadas até o momento.
    • alterna a lapela lateral dereita. Contén unha listaxe de tódalas instalacións de loita contra lumes.
    • elimina tódolos símbolos do mapa. Deseguido, os símbolos cargaranse para a vista actual. Trátase de facer máis rápido o procesamento cando se cargan moitos obxectos.
  • Na parte de embaixo do mapa, podes atopar unha ligazón co nome de Permalink. Cando premes nesta ligazón obtés unha URL única que sinala ó mapa actualmente amosado. Podes empregar estas ligazóns para marcaxes ou compartilas con outras persoas.

Requirimentos (para a edición)

  • Navegador moderno

    Recomendámosche un navegador actualizado para obter a mellor experiencia co OsmHydrant.

  • Conta do OpenStreetMap

    Se desexas empregar o OsmHydrant para engadir e editar instalacións de loita contra lumes, precisas unha conta do OpenStreetMap. O rexistro no OpenStreetMap é de balde.

  • Iniciar a sesión do OpenStreetMap

    Antes de cada sesión, onde engadirás instalacións de loita contra lumes ou editarás as existentes, terás que iniciar a sesión na túa conta do OpenStreetMap e permitir que o OsmHydrant edite o mapa no teu nome. Para comezar a túa sesión, preme en OAuth/Iniciar sesión.

Consellos para o modo de edición

  • Editar instalacións de loita contra lumes

    Despois dun inicio de sesión de xeito correcto, podes comezar a editar as instalacións de loita contra lumes seleccionándoas no mapa ou na listaxe.

    Tódolos campos no formulario de edición son opcionais e só ten que completalos se está na certeza de que os valores estabelecidos son correctos. Unha descrición de varios campos amósase na Wiki do OpenStreetMap.

  • Engadir instalacións de loita contra lumes

    Despois dun inicio de sesión de xeito correcto, podes engadir, por exemplo, hidrantes premendo no símbolo do hidrante na lapela das ferramentas esquerda. Un novo hidrante poñese no centro do mapa. Agora podes estabelecer a posición a través da túa frecha do rato ou o dedo nos dispositivos móbiles. Para facer máis doado o posicionamento podes empregar outra capa de base. Podes trocar á vista de satélite a través do símbolo de capas no mapa.
    Podes mover a cruz corada que se amosa no mapa ou mover o mapa mentres a cruz mantense na súa posición.

    Os campos de Tipo de acoplamento e Acoplamentos teñen a intención de especificar os pins de acceso dun hidrante. Cando se emprega o tipo Storz, o valor 1A/1B/2C significa que o hidrante ten catro conectores:


    Namentres os acoplamentos Storz son empregados por moitos países do mundo, os caracteres (A, B, C e D) son comúns nas áreas de fala alemá. De xeito alternativo suxerimos empregar, por exemplo, 1x110/1x75/2x52 para os acoplamentos de campo.

    Outros tipos de acoplamentos son: Guillemin (Francia e Bélxica), Gost (Rusia), Instantaneous (Gran Bretaña), Barcelona (España), UNI (Italia), ...

Limitacións

Os seguintes problemas non se poden resolver co OsmHydrant e poden limitar o seu uso:

  • Na actualidade

    As instalacións de loita contra lumes existentes consúltanse dende o Overpass. Os seus datos non están ao vivo. Coma resultado pode levar un tempo, até que se engadan os hidrantes recén engadidos a este mapa (xeralmente após vinte minutos, sempre dentro dunha hora).

  • Rendemento

    Os mapas son feitos de xeito dinámico. Os obxectos no mapa son consultados dende servidores extranxeiros. Coma resultado, pódense dar tempos de carga máis longos. Se desexas un mapa de só visualización, suxerimos o OpenFireMap.

  • Funcionalidade

    As funcións novas engádense unha trala outra. No caso de que perdas algunha función chave, podes contactar connosco.

  • Verificación

    Non hai garante de que realmente existan tódolos hidrantes no OpenStreetMap. Sinxelamente un usuario podería engadir datos erróneos. Coma resultado, emprega estes datos con coidado. Non suxerimos confiar nas localizacións das instalacións de loita contra lumes. No seu lugar, emprega esta ferramenta para cartografar tódalas instalacións de loita contra lumes e despois imprimilas. Empregar papeis no caso de emerxencia é sempre máis confiábel que, por exemplo, os teléfonos móbiles intelixentes.
    Outra razón para os datos erróneos poden ser os hidrantes eliminados. En ambos casos (abuso e alteración estrutural), a comunidade do OpenStreetMap de xeito eventual arranxará os datos incorrectos. Un usuario que engade datos incorrectos identifícase, bloquéase e tódalas súas mudanzas revértense ou algún outro membro corrixe os datos.